Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
25.02.2018 Galego  |  Español  |  English  |  Français  |  Deutsch
atrás

Noticias

Unha mochila na que só cabe a igualdade

05.02.2018

Dende hoxe o Centro de Información á Muller do Concello de Sanxenxo, dependente da Concellería de Servicios...

Sociais e Igualdade, entregará unha mochila viaxeira aos centros escolares do municipio cun obxectivo moi concreto. Que cada mochila vaia de casa en casa educando aos nenos e nenas en igualdade.

As mochilas, que levan por nome “Mochilas Viaxeiras: Somos iguais, medremos iguais”, terán material didáctico, para que, dunha maneira lúdica e voluntaria, os nenos e nenas poidan desfrutar e aprender en familia.

Así, cada mochila estará composta por:

  • Un libro: “O meniño Nito” ou “Nera a Ferreira”. 
  • Un conto: “Sete rompecontos para sete noites”. 
  • Un DVD: “Billy Eliot”. 
  • Un caderno de traballo: “Somos iguais, medremos iguais”. 
  • Un libro para as familias: “Máis aló do azul e do rosa”. Este libro de Ana Torres Jack forma parte das mochilas gracias á Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e servirá de guía para que as familias poidan detectar e previr as desigualdades de xénero. 
  • Un diario de experiencia.

O funcionamento das mochilas viaxeiras é moi sinxelo e consiste en que cada neno  levará unha mochila á súa casa, polo prazo dunha semana, trala que a devolverá para que poida viaxar con outra familia.

O caderno de traballo será diferente para cada viaxe, polo que haberá que devolvelo cumprimentado. E, no diario de experiencias, poderanse plasmar impresións , opinións, desexos ou suxestións propias, ademais de poder ler o que outras familias escribiron antes.

Esta actividade está encadrada dentro da área 3 do IV Plan de Igualdade recentemente aprobado. Este apartado busca promover a inclusión de valores educativos e culturais igualitarios na cidadanía. E, para iso, desenvolveranse actividades específicas para a educación en igualdade, como esta que presentamos hoxe, dentro da programación do Día Internacional da Muller e do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

“So a través da educación dende a infancia  pode sembrarse a conciencia de igualdade  de dereitos e obrigacións entre homes e mulleres, que erradique prexuízos e violencia de xénero para así poder construír unha nova sociedade entre todos”, apunta Silvia Freire, Concelleira de Servizos Sociais.  

Partindo desta premisa, xurde a iniciativa das mochilas viaxeiras, co fin de aprender a xestionar a igualdade que supón unha oportunidade única de achegar o mundo á escola, de ampliar miradas, de cuestionar tradicións e hábitos e de construír espazos de convivencia agradables.

“Fomentar a igualdade e practicala en todas as etapas educativas dende a infancia ata a universidade é a forma máis eficaz de facer visible e interiorizar a realidade social existente, como primeiro paso para mellorala.”, destaca Silvia Freire.

 

 

 

Concello de Sanxenxo © 2017  Concello de Sanxenxo
C/ Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo -- Tlf: 986 72 00 75 - Fax: 986 72 10 22 Política de Cookies