Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
17.08.2017 Galego  |  Español  |  English  |  Français  |  Deutsch
atrás

Agenda

II Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre

17.07.2017 - 08.08.2017

“Arra como antiga parroquia”

1.- As presentes bases teñen por obxecto regular a participación no II CERTAME DE PINTURA RÁPIDA PARROQUIA DE ARRA 2017 que terá lugar o domingo 6 de agosto de 2017.

 

2.- Poderán participar no Certame tódolos artistas que o desexen. A participación será gratuíta, previa inscrición electrónica ou o mesmo día do Certame no selado dos lenzos en horario de 09.00h a 11.00 h na zona de aparcamento da Praia de Montalvo (sartén). Os participantes facilitarán nome e DNI, enderezo electrónico e número de teléfono.

 

3.- Categorías:

INFANTIL: Nenos/as ata os 16 anos (incluídos)

1º PREMIO: Material de arte valorado en 100 euros

2º PREMIO: Material de arte valorado en 50 euros

ADULTOS: Maiores de 16 anos

1º PREMIO: 300 euros

2º PREMIO: 150 euros

 

4.- Temática: calquera lugar da parroquia de Arra. O estilo e a técnica son libres.

Para poñer en valor a riqueza paisaxística e cultural da parroquia de Arra, as obras deberán ser realizadas in situ dentro dos límites da antiga parroquia de Arra. A organización facilitará ós participantes un plano da parroquia para que comuniquen o lugar no que se atopen realizando a súa obra e así poder visitalos en calquera momento e comprobar a evolución da mesma.

 

5.- O material necesario para desenvolver a actividade será por conta dos participantes.

 

6.- O horario de selado dos lenzos será dende as 9.00h ata as 11.00h no aparcamento da Praia de Montalvo (sartén) o mesmo día do Certame. Poderanse selar ata tres soportes pero só se entregará un para concurso.

Os soportes non terán ningún límite nas súas dimensións, deberán ser a unha soa cor e sen texturas, non se poderán presentar obras enmarcadas. As acuarelas deberán presentarse en soporte ríxido sen paspartú.

 

7.- As obras entregaranse firmadas polo autor antes das 19.00h no mesmo sitio do selado. Persoal da organización estará dispoñible para resolver os problemas que poidan xurdir durante o Certame.

 

8. O fallo do xurado será inapelable e farase público xunto coa entrega dos premios o mesmo día 6 de agosto na xornada festiva organizada pola Asociación Cultural San Cayetano ás 20.30h no recinto da Praia de Montalvo.

 

9. As obras premiadas pasarán a ser propiedade da Asociación Cultural San Cayetano e as obras non premiadas poderanse retirar ao finalizar a entrega de premios.

 

10. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases, a conformidade coa decisión do xurado e a renuncia a calquera reclamación.

 

ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAYETANO

COLABORA: CENTRO DE ARTE DO CONCELLO DE SANXENXO

 

 


Concello de Sanxenxo © 2017  Concello de Sanxenxo
C/ Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo -- Tlf: 986 72 00 75 - Fax: 986 72 10 22 Política de Cookies