Concello de Sanxenxo - SANXENXO CELEBRA A SÚA XXV MESA LOCAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 19 de abril de 2024.- Sanxenxo celebrou esta mañá a súa XXV Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero na que se analizaron as estatísticas no primeiro trimestre do ano. Na sesión que estivo presidida polo alcalde, Telmo Martín, estiveron a concelleira de Servizos Sociais, Paz Lago e o edil de Seguridade Cidadá, Xoán Pérez, así como a xuíza decana de Cambados e titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados, Luz María Fernández de Landa. Tamén asistiron representantes da Policía Local, Garda Civil, Equipo de Muller e Menor, Viogen, da PAC de Baltar e do CIM de Sanxenxo.


Paz Lago deu a coñecer os datos do CIM desde a última Mesa, celebrada o 14 de decembro, período no que se deron 20 novas altas de mulleres, 19 veciñas de Sanxenxo, e alcanzando as 76 mulleres totais atendidas. Ademais, realizáronse 48 consultas xurídicas e 91 consultas psicolóxicas. En canto, ao servizo de atención telefónica para vítimas de violencia de xénero, déronse 4 novas altas en Atenpro, o que eleva a cifra a 27 neste momento.


Ademais, na actualidade expuxo Lago que se realiza un programa de atención psicolóxica con sete menores de idade con orde de protección vixente da nai. "O CIM traballa con 79 mulleres durante todo ou ano, das cales 56 teñen menores de idade ao seu cargo", sinalou. En canto aos obxectivos a curto prazo, o Centro de Información á Muller está a profundar na formación e información á mocidade a través de actividades realizadas nos centros educativos e , nos próximos meses, vaise a traballar na detección e intervencións de violencia de xénero especialmente no rural con coloquios formativos interactivos. "Estes coloquios van dirixidos ao colectivo das mulleres rurais, porque consideramos que nas asociacións, neste caso de mulleres, pódense producir as primeiras deteccións das distintas manifestacións de violencia, e elas son, unha fonte importante de apoio para toda a comunidade", explicou.

0
0
0
s2sdefault