Concello de Sanxenxo - A XV FESTA DA XUVENTUDE E SANTO TOMÉ ENCHEN GONDAR DE MÚSICA E ACTIVIDADE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A comisión aposta este ano por un vaso conmemorativo e reutilizable que se venderá a 1 euro para reducir os residuos da cita

Sanxenxo, 19 de abril de 2024.- Gondar volverá tinguirse de festa e actividade con motivo da celebración da Festa da Xuventude e de Santo Tomé que terán lugar os días 26 e 30 de abril e 1 de maio. A comisión xa ten pechada unha ampla programación na que non faltará a música as celebracións litúrxicas, os sorteos e o tradicional partido de solteiros e solteiras contra casados e casadas. Tamén haberá inchables e pintacaras.


A Festa da Xuventude chega ao seu décimo quinta edición completamente consolidada no calendario de citas importantes no municipio. Será o 26 de abril, na contorna da capela de Gondar e baixo unha carpa, cando a partir das 22:30 horas comece unha gran festa coas actuacións de Fiako Fabbio, Groove Amigos, Dumore, Paco Vulkano, Dani Kölmel e Xacobo Mínimo. A comisión de festas realiza este ano unha proposta para reducir os residuos na festa coa venda dun vaso conmemorativo reutilizable. Haberá ata 4.000 unidades á venda que os asistentes poderán adquirir por 1 euro.


O patrón de Gondar, Santo Tomei, terá dous días de festa. Na véspera, o 30 de abril, a partir das 22:30 horas, subirase ao escenario a orquestra Marbella, Unión y Fuerza e haberá sesión disco con JJ Compota. Servirá como previa ao día 1 cando a actividade dará comezo pola mañá cunha tirada de bombas. A continuación, o grupo de gaitas Os Cruceiros de Vilalonga e a formación Fanfarria Furruxa animarán a alborada. Ás 12.30 horas oficiarase a misa solemne cantada polo coro parroquial en honra ao Santo, que precederá á tradicional procesión acompañada polo grupo de gaitas. Finalizados os actos litúrxicos, dará comezo a sesión vermú co dúo Punto Zero e servizo de pulpeiro. Pola tarde, ás 18 horas, disputarase o XIII Trofeo Santo Tomei de Gondar cun partido entre solteiros contra casados. Tamén haberá pintacaras e inchables no recinto da festa.

0
0
0
s2sdefault