Concello de Sanxenxo - XOVES 18 DE XULLO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

 

OLE CON MIGUEL DE LUCAS

 

Espectáculo de maxia e humor

 

Día: 18 de xullo

 

Hora: 22,00 h

 

Lugar: Praza dos Barcos, Sanxenxo

 

Organiza: Concello de Sanxenxo

Miguel de Lucas, conocido anteriormente como Miguelillo mostra unha nova óptica dentro do mundo da maxia e a comunicación. É capaz de adaptar a súa maneira de entender o mundo para que o grao de satisfacción dos clientes sexa a mellor garantía. A combinación de diferentes recursos máxicos e técnicas teatrais son a mellor base sobre a que se asintan os alicerces desta nova corrente de mozos comunicadores, cuxo obxectivo non é outro que sorprender e crear de maneira diferentes contextos realmente especiais. Unha nova maneira de entender a maxia, onde os detalles e o coidado das pequenas cousas crean automaticamente contextos onde todo é posible. Destácase a súa naturalidade e profesionalidade coa que aborda os espectáculos, espectáculos cheos de máxia, diversión, humore participación.

 

Mago Miguel

 

 

 

CAMPEONES. Cine na rúa

 

Día: 18 de xullo

 

Hora: 22,30 h

 

Lugar: A Bouza, Dorrón (en caso de choiva Casa de Cultura)

 

Organiza: Concello de Sanxenxo

 

 

Marco non está a pasar polo mellor momento. Este adestrador de baloncesto ten demasiados problemas persoais e profesionais, que están a terminar con toda a súa motivación #ante a vida. Todo se desborda durante un partido de Liga, no que termina pelexándose con outro adestrador. Marco perde o seu traballo e no medio dunha bebedeira sofre un accidente de tráfico, cuxa multa será exemplar: Converterase en adestrador dun equipo de baloncesto de persoas con discapacidade intelectual. A perspectiva non é moi do agrado de Marco, pero pronto se dará conta de que ten moito que aprender deste estraño grupo. A película está dirixida e coescrita por Javier Fesser ('Camiño'), e a repartición está encabezado por Javier Gutiérrez. Acompáñano nomes como Sergio Olmos ou Jesús Lago.

Campeones

 

 

0
0
0
s2sdefault