Concello de Sanxenxo - UN ANO MAIS O NADAL CHEGA AOS COLEXIOS E ESCOLAS INFANTÍS DO MUNICIPIO DA MAN DO TRASNO FANTÁSTICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

Despois da boa acollida do ano pasado,  o  Nadal 2019 vai contar de novo coa presenza do Trasno Fantástico, como personaxe encargada de levar o Nadal ós máis cativos e non tan cativos .

 

Os centros e escolas infantís van a poder desfrutar dunha actividade dirixida alumnado de Educación Infantil (0-3 e 3-5) y 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Con esta iniciativa queremos  manter a ilusión da maxia do Nadal  nos máis pequenos do concello.

 

Desde hoxe, “Duendes embaixadores” visitarán cada centro e deixaranlles un novo agasallo para que poidan desfrutar cos seus compañeiros e familias. Posteriormente, e antes das vacacións de Nadal, será o propio Trasno o que visite os centros educativos para xa ir creando máis expectativa entorno  a esta época do ano pero tamén sobre as actividades programadas para eles.

 

O ano pasado, o propio Trasno agasallou a cada centro  co seu conto e este ano o agasallo será un  CD de panxoliñas, algunha delas  orixinal e inédita, para que o son do Nadal estea presente nos fogares de Sanxenxo.

O Trasno Fantástico  tamén visitará o Centro de Día o día 20 de decembro e fará que os usuarios sorrían en desfruten como si foran pequenos.

 

Descargas:
Descarga este archivo (trasno.jpg)trasno.jpg[trasno.jpg]
0
0
0
s2sdefault