Concello de Sanxenxo - Sanxenxo Degusta Tapas 2019
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Axenda

degustatapas2019

 

O Concurso Sanxenxo Degusta Tapas celebrará a súa X edición do 24 de maio ao 16 de xuño. O evento gastronómico contará este ano con 23 establecementos que ofertarán 45 tapas. 

As degustacións divídense en tres categorías: Tradicionais, creativas ou de deseño.

O concurso sortea premios entre os clientes que proben as tapas nos diferentes locais. Segundo os selos conseguidos entrarán nas diferentes categorías do sorteo. As 23 primeiras persoas que entreguen o Degusta Tapas completo na Oficina de Turismo de Sanxenxo conseguirán unha comida ou unha cea para dúas persoas.

O prezo das tapas é de 2 euros e o resultado final, dentro de cada categoría, decidirao un xurado popular.

"Un evento que crece cada ano e mellora a súa calidade", destacaba Suso Sueiro, concelleiro de turismo, deporte e festas.

folletoTapas2019 Página 1

folletoTapas2019 Página 2

 

O resultado do sorteo é o seguinte:

 

TAPA CREATIVA:

1. Xerfa: Zamburiña en mar de berberecho.

2. A Codia: Outra volandeira no millo.

3. Ollares da Ría: Popplers con salsa de mostaza y miel.

 

TAPA TRADICIONAL:

1. Xerfa: Solomillo con queso del Cebreiro.

2. Hotel Augusta Spa Resort: Croquetas de ropa vieja y jamón ibérico “nuestra deconstrucción”.

3. Mar do Pintor: Rabiolis de pescada con salsa de crustáceos.


TAPA DOCE:


1. Xerfa: Un paseo por el campo.

2. Ollares da Ría: The “Cheesecake”.

3. Restaurante Fidel: Brisa San-Xinés.