Concello de Sanxenxo - Hoxe remata o prazo de solicitude de autorización para as fogueiras de San Xoán
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A experiencia do ano pasado demostrou que Sanxenxo como outras moitas localidades galegas e españolas pode facer compatible a tradición de gozar das fogueiras de San Xoán co respecto ao medio ambiente e o descanso de veciños e visitantes.

Así pois, por segundo ano consecutivo, o Concello permitirá, previa solicitude de autorización, fogueiras en 5 praias Agra, Nanín, Panadeira, Silgar e Caneliñas. En consecuencia, non se poderá facer fogueiras en ningún dos 13 areais restantes. Como xa se fixo o ano pasado a Policía Local vixiará e valará os accesos a praias como Montalvo nas que hai anos producíanse concentracións masivas e fogueiras non autorizadas que danaban os areais e a súa contorna.

Para garantir o bo funcionamento da noite de San Xoán o Concello poñerá en marcha un operativo especial da policía local, os servizos de emerxencia e o servizo de limpeza. Neste senso ás 6:00 horas da mañá evacuaranse as praias para proceder á súa limpeza garantido que estarán en perfectas condicións ás 10 horas.

Outras medidas preventivas son a colocación de valos para delimitar os espazos autorizados, bidóns para a recollida de cinza, só se poderá queimar leña limpa e, por tanto, está prohibido a queima de calquera material plástico, madeiras pintadas ou con cravos. E tampouco se poderán levar á praia botellas ou vasos de vidro, así como a reprodución de música cun volume que poida molestar a zonas de vivendas.

O prazo para a solicitude de autorización e identificación das persoas que se farán responsables de cada unha das fogueiras autorizadas, termina hoxe xoves día 20 de xuño ás 15 horas. As persoas interesadas teñen que contactar coa Concellería de Medio Ambiente no teléfono 986.74.49.09, ou presencialmente na Oficina de Vilalonga.

O Servizo de Emerxencias de Sanxenxo desenvolveu un sistema innovador que mellora as comunicacións relacionadas coas fogueiras de San Xoán e San Pedro.

Consiste en escanear un Código QR, que aparece na folla da solicitude para facer unha fogueira. Mediante este código ademais de comprobar a validez da autorización, o código permite ao solicitante comunicarse directamente co servizo de emerxencias e a policía local entre as 23:00 e 9:00 h do 24 de xuño, por se ocorrese algo que requirise a intervención dos bombeiros.

0
0
0
s2sdefault