Concello de Sanxenxo - A CASA DE DON FERNANDO ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE ASTRONOMÍA E UNHA OBSERVACIÓN NOCTURNA CON TELESCOPIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller regresa un verán máis a Sanxenxo con dúas sesións diferentes e aforamento limitado

Ver Xúpiter e Saturno e mesmo unha estrela dobre son algúns dos alicientes das dúas sesións que o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC ten organizadas en Sanxenxo o 8 e 23 de agosto, a partir das 21:30 horas. Unha cita que xa é un clásico dos veráns do municipio, pero que este ano chega con cambios debido á alerta sanitaria. Así, cambiarase o Paseo de Silgar concretamente a Rosa dos Ventos pola Casa Mariñeira de Don Fernando para evitar aglomeracións e limitarase o aforamento. A observación astronómica irá precedida por unha charla "A vía láctea e a súa relación co Camiño". Os interesados deberán inscribirse no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 744 909.
Os asistentes deberán cumprir coas medidas sanitarias vixentes durante todo o momento da actividade.

0
0
0
s2sdefault