Concello de Sanxenxo - SANXENXO PROXECTA A PRIMEIRA REDE DE ITINERARIOS DE NADO EN AUGAS ABERTAS DO NORTE DE ESPAÑA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo contará coa primeira rede de itinerarios de nado en augas abertas do norte de España, "Sanxenxo, sendeiros do mar". O proxecto estará enmarcado dentro da colaboración entre o Concello e a Consellería de Cultura e Turismo pola recente declaración do municipio como Territorio de Preferente Actuación Turística, a primeira distinción deste tipo concedida en Galicia. O proxecto terá un custo de 18.000 euros.

O plan impulsado desde Turismo de Sanxenxo consiste na creación e posta en marcha de itinerarios mariños balizados de forma progresiva polo litoral do municipio, destinados a mellorar a relación do ser humano co mar e a práctica da natación en augas abertas, podendo realizarse actividades lúdicas, ambientais, deportivas e pedagóxicas, sempre de forma segura e protexida aproveitando os espazos naturais do municipio.

Estarán operativos como mínimo desde o 1 de marzo até o 31 de outubro. O proxecto planifícase en dúas anualidades. A primeira contempla a creación de dous carreiros para este mesmo outono. O primeiro carreiro, Praia de Baltar-Praia de Silgar, ten unha lonxitude de 1.800 metros e cruzará Punta Vicaño e o segundo itinerario concentrarase na Praia de Caneliñas e contará cunha extensión de 150 metros, prevéndose que estea operativo os 12 meses do ano. Os areais incluídos nestes dous primeiros carreiros contarán con sinalización vertical no que se dará información relevante sobre a actividade.

"Sanxenxo será ou primeiro destino turístico do norte de España en dispoñer deste tipo de instalacións ao aire libre de forma case permanente. Queremos atraer a familias, poboación local, turistas, deportistas, nadadores en augas abertas e mergulladores. A todos aqueles que elixan gozar do mar con tódalas garantías de seguridade os 365 días do ano", incide o alcalde e responsable de Turismo, Telmo Martín.

O proxecto contempla unha segunda fase en 2021 na que se prevé a instalación de despachos de billetes en cada praia dos itinerarios e a posibilidade abrir un terceiro carreiro do mar entre as praias de Panadeira e Nanín, así como a creación dun selo turístico para a actividade. "Os canles de nado en augas abertas serán un plus que achegará Sanxenxo, aproveitando as potencialidades dos seus principais recursos turísticos, as praias e ou seu litoral, especialmente en tempada media ou mesmo baixa", sinala Martín.

0
0
0
s2sdefault