Concello de Sanxenxo - A CAMPAÑA "PON A CERO O TEU CONSUMO AO VOLANTE" DE RACE CHEGA A PRÓXIMA SEMANA A SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Real Automóbil Club de España (RACE) chegará a Sanxenxo a próxima semana coa campaña "Pon a cero o teu consumo ao volante", en colaboración co Plan Nacional sobre Drogas, co obxectivo de sensibilizar aos mozos e mozas sobre o risco de consumir sustancias nocivas e a súa relación letal coa condución.

A Concellaría de Seguridade Cidadá, dirixida por Jaime Leiro, realizou as xestións necesarias para que Sanxenxo sexa un dos municipios españois onde recale esta actividade. "A prevención e a concienciación son claves para combater moitos dos accidentes que se producen a diario nas estradas", explica.

O RACE seleccionou cinco cidades cunha poboación media, como son Mairena del Aljarafe (Sevilla), Coslada (Madrid), Roquetas de Mar (Almería), Teruel e Sanxenxo para levar a cabo diferentes accións de concienciación. Algunhas das máis destacadas son:

  • Sesións nos centros educativos do IES de Vilalonga e o IES de Baltar en colaboración coa Policía Local.
  • Sesións e charlas de concienciación con familias, impartidas por un psicólogo especialista en adiccións e un técnico de mobilidade e seguridade viaria do RACE.
  • Exposición de obxectos (casco de moto danado, estado dun patinete tras un accidente...) que mostran á perfección as graves consecuencias de sufrir un accidente.
  • Circuíto de axilidade con lentes de simulación de taxas positivas no que os mozos van experimentar as diferenzas respecto de moverse en condicións normais.
  • Circuíto de habilidade de vehículos de mobilidade persoal e bicicletas co fin de que os mozos e mozas aprecien os riscos de conducir estes vehículos e poidan chegar a interiorizar o perigo no caso de que o realizasen baixo os efectos de sustancias nocivas.

Os circuítos realizaranse ao aire libre. O martes, en Baltar, o mércores, na Praza dos Barcos, e o xoves, na praza de Vilalonga.

0
0
0
s2sdefault