Concello de Sanxenxo - RACE ENTREGA A SANXENXO UNHA PLACA EN RECOÑECEMENTO POLO SEU COMPROMISO COA SEGURIDADE VIARIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Real Automóbil Club de España (RACE) entregou esta mañá ao alcalde, Telmo Martín, unha placa en recoñecemento a Sanxenxo polo seu compromiso coa seguridade viaria e por ser un dos cinco municipios españois elixidos para a campaña "Pon a cero o teu consumo ao volante". "Sanxenxo conta cunha traxectoria na que mostrou a súa implicación na seguridade viaria con diversas actividades ao longo dos últimos anos", explicou Agustín Galdón.

Desde hoxe e ata o vindeiro venres, RACE levará a cabo diversas actividades nos centros educativos e nos espazos públicos con circuítos de seguridade viaria. Ademais, a Sala Nauta acollerá unha exposición sobre diversos obxectos implicados en accidentes que tiveron como un dos factores o consumo de drogas buscando o efecto impacto sobre os que a visiten.

A campaña ten como obxectivo sensibilizar aos mozos achega do risco de consumir este tipo de sustancias nocivas e a súa relación letal coa condución. Farao no marco do proxecto "Seguridade viaria e a influencia de sustancias nocivas ao volante en mozos de entre 15 e 24 anos".

Haberá circuítos de axilidade con lentes de simulación de taxas positivas para que os mozos experimenten a diferenza na destreza ao conducir e outros circuítos sobre habilidade de vehículos de mobilidade persoal e bicicletas na Praza dos Barcos e na Praza Pública de Vilalonga. Nos institutos de Vilalonga e Portonovo realizaranse charlas e actividades de sensibilización.

O alcalde, Telmo Martín, agradeceu o recoñecemento e ofreceuse a futuras colaboracións. "É para nós un orgullo recibir este distintivo", asegurou durante o acto no que estivo acompañado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro.

0
0
0
s2sdefault