Concello de Sanxenxo - MÁIS DE 130 ALUMNOS DE FP DE TODA GALICIA PARTICIPAN NO IX FORO DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA DA AUTOMOCIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Tras o parón obrigado de dous anos pola pandemia, o IES de Vilalonga inaugurou esta mañá no Pazo de Emilia Pardo Bazán o seu IX Foro de Innovación Tecnolóxica da Automoción. Ao acto acudiron a tenente de alcalde, María Deza; o delegado territorial de Educación, César Pérez Ares; a directora do Centro de Formación e Recursos de Pontevedra, Carmen Martínez; o director do IES de Vilalonga, Rafael Arines; o inspector de Educación, Jose Carlos Barros, e a concelleira de Educación, Paz Lago.

Máis de 130 alumnos de Formación Profesional danse cita en Sanxenxo para participar neste foro que está plenamente consolidado e recoñecido pola comunidade educativa pola súa aposta pola innovación e a investigación. Durante a xornada exporanse vehículos de distinto tipo desde un camión de gas ata un tractor de última xeración pasando por coches eléctricos, adestradores virtuais de soldadura e talleres prácticos de distinto tipo. Ademais, presentaranse os proxectos de innovación: Coche de hidróxeno, Adaptación de motor de combustión a hidróxeno, Maquinaria de motor seccionado e funcional, Aeronave eléctrica, avatar aula virtual, Furgolonga, Kart eléctrico, Coche eléctrico e Aquamóbil.

Deza asegurou que é "un orgullo que un centro como o instituto de Vilalonga, a través da súa FP de Automoción, organice un encontro destas características", Na mesma liña, incidiu en que "este foro é unha aposta firme pola formación do alumnado no I+D+i clave no seu futuro profesional". Finalmente, animou ao equipo docente e ao alumnado "a seguir experimentando e crecendo profesionalmente porque garantizaredes o éxito de calquera empresa de automoción na que traballedes e aos mestres felicitarvos polo gran traballo que facedes".

0
0
0
s2sdefault