Concello de Sanxenxo - A PRAZA DOS BARCOS ACOLLE A EXPOSICIÓN "50 ANOS CAMBIANDO A HISTORIA DO CANCRO"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Praza dos Barcos acolle desde hoxe e ata o domingo a exposición "50 anos cambiando a historia do cancro". O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Servizos Sociais, Daniel Arosa, acompañados da presidenta da Asociación contra o Cancro de Sanxenxo, Meli Rodríguez, e outros membros do colectivo visitaron esta mañá a mostra na que se recollen exemplos significativos dos avances científicos que nos últimos anos contribuíron a mellorar a vida das persoas grazas a que hai 50 anos, a Asociación Española Contra o Cancro decidise apostar pola investigación.

A mostra "50 anos cambiando a historia do cancro" recolle un total de 12 fitos nacionais importantes, entre os que se atopan as investigacións da doutora Marisol Soengas, os notables achados realizados polo seu equipo permitiron conseguir grandes avances na loita contra a melanoma, como o desenvolvemento dun novo tratamento que mellora a efectividade da inmunoterapia nos pacientes con cancro. Así como os resultados do grupo do doutor Antoni Castells na investigación en cancro de colon demostrando a eficacia do test de sangue oculto en feces para a detección precoz deste tumor.

Ademais, tamén se mostran dous fitos pertencentes á provincia de Pontevedra entre os que se atopa o doutor João M. Fernandes coa técnica da biopsia líquida, unha análise de sangue que permite axudar a atopar rastros dun tumor no organismo como o seu ADN, moléculas ou mesmo as súas células. Grazas ao apoio da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, a doutora Mónica Martínez estudou certas alteracións no ADN das células tumorales e a súa implicación no desenvolvimiento do cancro, especialmente no de pulmón, colorrectal e de cabeza e pescozo.

En Sanxenxo, durante 2021 realizáronse un total de 104 intervencións a pacientes de cancro e familiares: 35 do servizo de logopedia para pacientes con cancro de cabeza e/ou pescozo, 40 de atención psicolóxica a pacientes oncolóxicos e familiares, 20 de atención social (orientación, inserción laboral, programa de alimentos, préstamo de material ortoprotésico, axudas económicas, etc) e 9 actuacións do voluntariado.

0
0
0
s2sdefault