Concello de Sanxenxo - Plan Municipal de Voluntariado
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Servizos sociais

O Concello de Sanxenxo conta cunha Oficina Municipal de Voluntariado (OMV), localizada nas dependencias do Centro Municipal de Servizos Sociais, desde onde se coordinan todas as actividades e proxectos de voluntariado.

Exercer labores de voluntariado produce beneficios a varios niveis:

  • A nivel persoal, consiste nunha forma de emprego de parte do tempo libre de forma produtiva, alcanzando obxectivos relacionados coa satisfacción persoal e de integración nun grupo de colaboración social.
  • A nivel social, o voluntariado representa un importante papel na achega e formación de valores de compromiso, participación e integración de persoas excluídas e de valores de solidariedade social.

 

QUEN PODE PARTICIPAR NO VOLUNTARIADO

Todas aquelas persoas que se mostren interesadas polo tema, independentemente da idade, sexo ou nivel educativo. En todo caso buscarase un axuste entre as propias características persoais, intereses e a actividade para realizar. Cada voluntario/a optará pola actividade que máis lle interese, e o decidirá o tempo que quere participar como voluntario/a.

 

FORMACIÓN EN VOLUNTARIADO

Desde a OMV, as persoas voluntarias recibirán toda a información e formación necesaria para facilitar o seu labor.

Con carácter anual, prográmase un curso de formación básica en voluntariado, totalmente gratuíto para o voluntariado interesado.

 

PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO ONDE PODER PARTICIPAR:

 

1. Servizo de acompañamento social para persoas maiores e/ou discapacitadas a través de voluntariado:

Consiste nun servizo onde as persoas voluntarias realizan actividades estimulantes con persoas maiores que viven soas e/ou persoas discapacitadas: saír a pasear, ler, xogar ás cartas, charlar...

 

2. Voluntariado en ludotecas:

As persoas voluntarias poden colaborar cos monitores/as das ludotecas na realización de actividades e xogos para nenos e nenas.

 

3. Voluntariado en escolas deportivas:

As persoas voluntarias poden colaborar cos monitores/as das distintas escolas deportivas (baloncesto, natación, aeróbic, balonmán...) na realización de actividades físicas e deportivas para nenos e nenas de distintas idades.

 

4. Voluntariado no Obradoiro de Memoria:

As persoas interesadas nesta actividade poden colaborar coa profesora de adultos nos distintos grupos de Taller de memoria, onde se tenta a estimulación de distintas facultades cognitivas nas persoas maiores.

 

5. Voluntariado en labores ambientais:

Vai destinado a persoas interesadas na realización de actividades de mellora e coidado do medio ambiente.

 

6. Voluntariado en PAIFILLONAI:

Realízase nos meses de Xullo e Agosto, colaborando cos monitores/as desta Ludoteca de conciliación da vida familiar e laboral destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

 

7. Voluntariado en CAMPUS POLIDEPORTIVO:

Colaborando cos monitores/as deste campus que se realiza no mes de xullo con actividades deportivas e físicas para nenos e nenas.

 

8. Colaboración con eventos e celebracións municipais:

Colaborando coa celebración de distintas datas organizadas por distintas concellerías (Día da Muller, Día dos namorados, Día do medioambiente...)

 

9. Celebración do Día 5 de Decembro, Día do Voluntariado:

Realizamos unha serie de actividades para dar a coñecer a actividade voluntaria no noso Concello coa culminación nunha cea con todo o noso voluntariado.

 

Voluntariado

 

10. Lecer e tempo libre a través de voluntariado:

Dentro deste proxecto, inclúense multitude de obradoiros e cursos que se realizan ao longo de todo o ano desde a OMV.

Con carácter periódico, está prevista a repetición de distintos obradoiros xa realizados en anos anteriores:

  • Obradoiro de liberación da tensión e relaxación.
  • Obradoiro de risoterapia.
  • Obradoiro de informática básica para persoas maiores.
  • Obradoiro de animación á lectura.
  • Obradoiro de manualidades.

 

DATOS DE CONTACTO

Oficina Municipal de Voluntariado de Sanxenxo

Enderezo: R/ Rafael Picó Nº2 36970 Portonovo - Sanxenxo

Teléfono: 986 727 901

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

http://www.voluntariadogalego.org/web/ 

 

Oficina Municipal Voluntariado