Concello de Sanxenxo - CIM
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Servizos sociais

O Concello de Sanxenxo dispón dun Centro de Información ás Mulleres (CIM), que xunto á Concellería de Benestar Social, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia persegue a procura da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, na erradicación da discriminación por razón de sexo, así como na prevención da violencia de xénero.

O CIM enmárcase dentro do Departamento de Servizos Sociais, como un servizo específico gratuíto cuxas funcións e actividades regulamentadas divídense en catro bloques fundamentais:

1er Bloque. Información e asesoramento

  • Información e asesoramento xurídico.
  • Atención específica, psicolóxica e orientación legal, ás mulleres vítimas da violencia de xénero.
  • Actuar como unha canle de comunicación entre as usuarias e os organismos competentes en materia de muller.
  • Coordinación cos servizos policiais, sanitarios, xudiciais, colexiais, administrativos e sociais nas casuísticas concretas.

 

2º Bloque. Orientación

  • Información sobre os recursos dispoñibles no municipio e na súa área de influencia
  • Información sobre cursos, estudos xornadas relacionadas coa igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero.

 

3er Bloque. Promoción e participación social

  • Elaboración e actualización do Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades.
  • Realización de actos para celebrar o Día da Muller (8 de marzo) e conmemoración do día contra a violencia de xénero (25 de novembro).
  • Desenvolvemento de actividades de conciliación da vida familiar e laboral.
  • Programas de formación de mulleres e realización de talleres de lecer e tempo libre.

 

4º Bloque. Difusión

  • Creación de fondo bibliográfico de temática sobre muller e igualdade de oportunidades.
  • Distribución de material con contidos de igualdade entre as asociacións e centros de ensino do municipio.
  • Elaboración de estatísticas.

 

Horarios:

  • Horarios de atención ao público: De luns a venres de 08:00 h a 15:00 h.
  • Horario de atención da asesora xurídica: Luns e martes de 08:00 a 14:30 h e xoves de 08:00 a 15:00 h.
  • Horario de atención psicolóxica: De luns a venres de 08:00 a 15:00 h (dúas horas ao día, concertar cita previa).

 

Datos de contacto:

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tlf.: 986 727 901

 

 INSCRICIÓN AQUÍ