Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, no CEIP Plurilingüe Nantes, os alumnos e alumnas recibiron a visita de tres mulleres que destacan no seu traballo.
Rosa Vilas, Directora adxunta ao director xeral da CRTVG, Ana Cidre, Women Techmaker Lead e unha das 5 mulleres que Google nomeou como influencer en España e Paz Lago, concelleira de Cultura no Concello de Sanxenxo.
A través das súas intervencións amosaron á comunidade educativa, o día a día das súas profesións e como chegaron a acadar os seus obxectivos en ámbitos maioritariamente masculinos.
Así mesmo, animaron a todas as nenas a perseguir os seus soños, sen que ninguén lles impoña ningunha limitación. Neste senso, estase a traballar no centro, xa que a través de diferentes proxectos ao longo de todo o curso escolar teñen moi presente o traballo da igualdade.