Concello de Sanxenxo - Apertura de prazo de reserva e novo ingreso nas escolas infantís municipais
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O Concello de Sanxenxo procede anualmente á apertura dun prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva...

como de novo ingreso, e de aceptación da praza, nas escolas infantís municipais.

Para o curso 2018-2019, o prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva como de novo ingreso, será do 19 de marzo ó 19 de abril de 2018 (ambos incluídos).

Unicamente se poderán presentar solicitudes fóra do prazo establecido, nos seguintes casos:

  • Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
  • Cambio de concello de residencia da unidade familiar.
  • Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentarase nos prazos establecidos nos Rexistros do Concello de Sanxenxo ou do O.A. Terra de Sanxenxo, sitos en R/Consistorio, 4-6 e R/Miraflores, 26 A en Sanxenxo, respectivamente.

Logo da publicación das listaxes definitivas de nenos/as admitidos/as, non admitidos/as e de agarda, si os houbera, establécese o prazo que vai entre o 3 e o 17 de xullo de 2018 (ambos inclusive) para a aceptación/rexeita de praza, indicándose que este prazo poderá ampliarse por Resolución de Alcaldía de dárense as circunstancias que así o aconsellen.

Ditas aceptacións/rexeitas de praza deberán presentarse nos rexistros do Concello de Sanxenxo ou do O.A. Terra de Sanxenxo.

ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE SANXENXO

As Escolas Infantís Municipais (EIM) teñen como principal finalidade a  atención educativa e asistencial dos nenos/as de 0-3 anos, favorecendo a conciliación familiar-laboral, e prestando atención e coidado continuado aos nenos/as desde tramo de idade.

A finalidade da Educación Infantil é contribuír no desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual, acercando aos máis pequenos ao seu contorno máis próximo, mediante actividades que respecten os seus ritmos madurativos e adecuándoas as súas necesidades básicas.

Atenderase progresivamente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento, ós hábitos de control corporal, ás manifestación da linguaxe e da comunicación, e ás pautas de convivencia e relación social.

O Concello de Sanxenxo conta con 2 EIM:

  • A EIM O Tombo
  • A EIM O Revel

As xornadas nas que os/as nenos/as permanezan nas escolas poderán ser:

  • Xornada completa: cando o neno/a permanece de 6 a 8 horas de forma continuada ou repartindo as horas de permanencia entre a mañá e a tarde. 
  • Media xornada: cando o neno/a permanece na escola 4 horas pola mañá ou pola tarde (o horario de tarde iniciase ás 15:00 horas) 
  • Media xornada +1 hora.
0
0
0
s2sdefault