Concello de Sanxenxo - Mamá cabra chega a Sanxenxo co seu espectáculo músico teatral “eu cociño, ti cociñas?”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O grupo galego Mamá Cabra, protagonizará este sábado, ás 18.00h. unha das sesións programadas polo...

Concello de Sanxenxo para o público infantil e familiar. O prezo da entrada é de 4€ e poderán comprarse unha hora antes do inicio do espectáculo. 

A formación chega ao municipio coa súa nova produción, na que regresa ao formato músico-teatral co que se estreou nos escenarios fai quince años para animar coa súa música a grandes e pequenos.

Timoteo cambiou o seu kiosco por un restaurante que se chama COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor... digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de piratas...Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK?

“Eu cociño, ti cociñas?” é a nova montaxe de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo músico-teatral que parte dunha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas do alumnado.

Eu cociño, ti cociñas? É tamén un delicioso libro publicado por Galaxia (2017) cheo de receitas e de cancións para que os pequenos e as pequenas da casa nos deleiten cos mellores sabores.

O proxecto é unha iniciativa do CEIP de Sigüeiro (Oroso, A Coruña) onde as mestras María Salgado e Pilar Rivas levan a cabo un interesante proxecto escolar cos nenos e nenas de 2º ciclo de Educación Infantil. 

Eu cociño, ti cociñas?” conta cun blog onde recollen a diario todas as súas experiencias. Gloria Mosquera e Tomi López levan anos colaborando con este proxecto, aportando as cancións que acompañan o día a día destas nenas, nenos, mestras e familias, e estas son as cancións que compoñen o traballo editado e que formarán parte dun día moi especial. Desta iniciativa xurde o novo espectáculo músico teatral de Mamá Cabra.

0
0
0
s2sdefault