A concellería de medio ambiente levará a cabo unha restauración de arborado nos parques de Vicaño e Baltar.
A actuación consistirá na tala de árbores que na actualizade presentan un perigo tanto persoal como material nas zonas, co obxectivo de garantir sobre todo a seguridade dos usuarios, tal e como apuntan os informes dos técnicos da área. Logo desa tala levarase a cabo unha replantación de diferentes especies como castiñeiros, cerdeiras, carballos, etc.
BALTAR
Na área recreativa de Baltar é preciso realizar unha intervención urxente para cortar unha serie de árbores que poden ser un potencial de perigo para as persoas que desfrutan do lugar.
Esta zona é moi concorrida debido á súa situación, pois está preto do instituto de educación secundaria, dunha zona residencial e dunha zona deportiva, composta por campos de fútbol e piscina municipal. Ademais tamén hai unha zona de aparcamento e o transcurso dun vial.
Dende a concellería considerouse que determinados árbores do parque provocan caídas de piñas, de ramas ou dos propios árbores en si. É por iso que despois de talar estes árbores levarase a cabo unha replantación de 35 novos exemplares.
VICAÑO
Este parque público está formado por unha zona de ocio infantil, unha área biosaudable, unha zona de paseo e lecer e unha zona onde se instala un quiosco cafetería en temporada estival.
O arborado desta zona está composto por diferentes especies entre as que atopamos: acacias, eucaliptos, piñeiros, loureiros, carballos, etc.
No caso dos piñeiros, algúns presentan perigo pola súa situación e estado e outros están secos e con ataques de fungos que provocan un deterioro avanzado.
É por iso que neste parque se replantarán aproximadamente medio centenar de árbores.