Concello de Sanxenxo - Animación á lectura nas aulas de educación primaria
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

Esta semana, coa visita ao Colexio Abrente, deu comezo o programa de animación á lectura nos centros de...

ensino para este curso 2017/2018, promovido dende a Concellería de Cultura e Educación, e que se leva a cabo nos sete centros educativos do Municipio.  A última sesión será o 11 de abril no CEIP Portonovo. 

As animadoras socioculturais do Concello de Sanxenxo converteranse durante dúas semanas en “Contacontos” e achegaranse ata as bibliotecas de cada centro coas súas maletas viaxeiras cargadas de contos. 

Alí recibirán aos nenos e nenas dispostos a escoitar durante unha hora contos cos que viaxarán ao mundo da imaxinación, da ilusión e da fantasía.

E, entre conto, e conto poderán facer actividades lúdicas e de animación. 

As sesión están dirixidas ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º curso de educación primaria, participando así no programa preto dos 650 nenos e nenas. 

O obxectivo da actividade é conseguir espertar a curiosidade dos rapaces cara o libro e desenvolver a súa imaxinación, a capacidade de observación e a comprensión e expresión oral. “Pretendemos espertar o desexo de ler nos máis pequenos, xa que hai que ser conscientes dos múltiples beneficios que aporta a lectura e da necesidade de crear ese hábito dende as idades temperás”, destacan desde a concellería.

0
0
0
s2sdefault