Concello de Sanxenxo - O venres tivo lugar a presentación de Sanxenxo Fala
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O venres, Paz Lago, concelleira de educación cultura e xuventude, presentaba no Pazo Emilia Pardo Bazán, “Sanxenxo fala”.

 

Sanxenxo fala é un proxecto a desenvolver durante todo o mes de maio, coincidindo coa celebración das Letras Galegas.

 

Este programa coordinado pola concellaría é unha realidade gracias á colaboración e ó traballo dos trece colectivos do municipio, que se unen pola cultura e a promoción da nosa lingua.

 

Unha administración ten implícita dentro da súa xestión diaria a promoción do uso da súa lingua, neste caso o galego. Ben é certo que o Concello de Sanxenxo de xeito transversal xa o está a facer pero cada máis é preciso concretar programas que teñan o galego como protagonista.

 

Ademais desta aposta polo idioma, o goberno pretende facer partícipe e implicar a toda a comunidade. E, é así como xurde a idea de Sanxenxo fala. Un equipo de traballo que se unen para organizar actividades para todos os veciños e visitantes.

 

Sanxenxo fala quere facer visible todos os programas e actividades, tanto organizadas polo concello como polas diferentes asociacións, que teñen como protagonista o galego. Así o concerto pola lingua do verán, transfórmase en pequenos concertos elixidos polas agrupacións e presentes en todas as actividades.

As asociacións que participan nesta programación son:

 

 

 

  • CCD Sanxenxo

  • Retesías de Portonovo

  • Soalleira de Dorrón

  • Ollares de Portonovo

  • Lembranzas

  • Abiñadoira

  • Os Gatiños de Portonovo

  • AA.VV de Dorrón

  • Neen@s

  • Coro Parroquial de Noalla

  • Colar polifónica Sta. María de Portonovo.

  • Os Cruceiros de Vilalonga

  • Airiños da Lanzada

 

Axuntamos o cartel coa programación dende o día 1 ata o 27 de maio, que detallaremos máis adiante, coa información da hora e lugar de cada unha das actividades e a asociación que a organiza.

 

0
0
0
s2sdefault