O obxecto desta convocatoria é a creación dunha bolsa de contratación laboral temporal de peóns para o reforzo do Servizo de limpeza de praias do Concello de Sanxenxo e obras durante a tempada de verán, da cal, por orde, farase chamamento dos aspirantes necesarios, segundo as necesidades do servizo. A modalidade contractual será a contratación por obra ou servizo a tempo parcial por 25 horas á semana.