Para o curso 2019-20 o prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva como de novo ingreso, é do 4 ao 26 de abril de 2019 (ambos incluídos).
Os modelos de solicitude serán facilitas nas propias Escolas Infantís e no rexistro do Concello de Sanxenxo. Tamén poderán descargarse na páxina web do Concello http://www.sanxenxo.es
Unicamente se poderán presentar solicitudes fóra do prazo establecido, nos seguintes casos:
-
Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
-
Cambio de concello de residencia da unidade familiar.
-
Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.
As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentarante no rexistro xeral (Casa do Concello, Avida. Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) ou na sede electrónica (www.sanxenxo.es) do Concello de Sanxenxo
Para a presentación das solicitudes a través da sede electrónica será precisa a identificación previa a través dos seguintes medios:
-
Certificado electrónico.
-
Clave de usuario e contrasinal (deberá solicitarse presencialmente no rexistro xeral do Concello).
Logo da publicación das listaxes definitivas de nenos/as admitidos/as, non admitidos/as e de agarda, establécese o prazo que vai entre o 2 e o 15 de xullo de 2019 (ambos inclusive) para a aceptación de praza.
ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE SANXENXO
O Concello de Sanxenxo conta con 2 Escolas Infantís Municipais (EIM), O Tombo e O Revel.
As EIM teñen como obxectivo estimular o desenvolvemento global das capacidades intelectuais, afectivas, de expresión e comunicación dos/as nenos/as con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos en estreita colaboración coas familias, mediante actividades educativas e lúdicas de acordo co seu nivel madurativo, para adquirir progresivamente maiores niveis de autonomía e independencia dos adultos.
INSTALACIÓNS