Concello de Sanxenxo - Festa da orella en Dorrón
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O domingo 21 de abril terá lugar a II Festa Gastronómica da Orella de Dorrón.

A partir das 12:00 horas ao lado da Casa Cultural de Dorrón en A Granxa, terá lugar a cita gastronómica na que haberá tapas de orella, de polbo, empanadas e churrasco. Esta ano a novidade será a empanada de orella. 

A festa estará amenizada polos grupos musicais Soalleira de Dorrón, Brétema e Dúo Nueva Era e rematará a finais da tardiña cunha queimada.

O deseño do cartel realizouse a través dun concurso de debuxos no que participaron os rapaces e rapazas do CEIP Magaláns e o gañador foi o porquiño feito por Yeray Losada.

 

presentacionfestaorella

 

festa orella 2019

0
0
0
s2sdefault