O Concurso Sanxenxo Degusta Tapas celebrará a súa X edición do 24 de maio ao 16 de xuño. O evento gastronómico contará este ano con 23 establecementos que ofertarán 45 tapas.
As degustacións divídense en tres categorías: Tradicionais, creativas ou de deseño.
O concurso sortea premios entre os clientes que proben as tapas nos diferentes locais. Segundo os selos conseguidos entrarán nas diferentes categorías do sorteo. As 23 primeiras persoas que entreguen o Degusta Tapas completo na Oficina de Turismo de Sanxenxo conseguirán unha comida ou unha cea para dúas persoas.
O prezo das tapas é de 2 euros e o resultado final, dentro de cada categoría, decidirao un xurado popular.
"Un evento que crece cada ano e mellora a súa calidade", destacaba Suso Sueiro, concelleiro de turismo, deporte e festas.