O domingo día 2 de xuño a Asociación Airiños da Lanzada e o concellería de Cultura farán un acto dentro do programa “Sanxenxo Fala”.
Dende fai anos o domingo seguinte a “Ascensión”, celebrase A Lanzada de Maio, polo que este ano coincide no mes de xuño. É unha romaría onde participa a xente do pobo, e ven a ser un anticipo a celebración da romaría na honra a Nosa Señora da Lanzada en agosto.
Tendo en conta que as Letras Galegas 2019 está adicado este ano a Antón Fraguas, e que dentro dos seus traballos conta con “ Romarías e Santuarios” onde fala da Nosa Señora da Lanzada, a Asociación Cultural Airiños pensou neste día para facer o seu particular homenaxe o autor.
Na súa obra a Lanzada e escribiu:
“ …Para ceibarme de morrer chuchada
de un amor que me encheu de penas fondas,
no mar costeiro e bravo da Lanzada
tomei, a media noite, as nove ondas.
Ide tomar nove ondas
antes de que sai o día
e levaredes convosco
as nove follas de oliva….”
Os actos darán comezo ás 11,15 horas coa lectura sobre Antón Fraguas, actuación do grupo de gaita e baile “Airiños da Lanzada”. Ás 12,00 horas celebrarase unha misa na honra a Lanzada de Maio e finaliza o acto coa actuación do grupo “ Onte e Hoxe”.