Concello de Sanxenxo - O CEIP TELLEIRO, A SÚA ANPA E O CONCELLO ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA INSTALAR METEOLANZADA.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O CEIP Telleiro e a súa ANPA, son promotores dun proxecto tecnolóxico e innovador que leva por nome MeteoLanzada e que pretende formar ao alumnado de educación primaria en dous ámbitos: a meteoroloxía e a enxeñería.

Este proxecto é a continuación do proxecto MeteoNoalla, a través do cal se colocaron dúas estacións meteorolóxicas no CEIP Telleiro coas que se fan rexistros e traballan nas aulas os nenos e nenas deste centro educativo.

O obxectivo principal deste proxecto é facer partícipe ao alumnado dos centros educativos do municipio do proceso completo, dende o punto de vista da enxeñaría, dos seguintes elementos de motorización da contorna:

 

  • Montaxe dunha boia oceanográfica na praia da Lanzada que realice a medición constante das variables: altura da onda e temperatura da auga do mar.

  • Montaxe dunha cámara Web con vistas á praia da Lanzada con emisión en directo 24 horas ao día.

Tendo en conta que se trata dun proxecto innovador, con vocación de estendelo ao resto dos centros educativos do municipio que estean interesados en traballar cos datos recadadados e coa pretensión de divulgalo en diferentes foros e congresos tecnolóxicos, o concello de Sanxenxo decidiu sumarse a esta iniciativa apoiándoa economicamente.

Así pois o concello comprométese coa firma do convenio que tivo lugar hoxe entre as tres partes, a financiar parte dos custos deste proxecto con 12.000€. Pola súa banda, a ANPA levará a cabo a parte técnica e traballos de coordinación para a montaxe da boia oceanográfica e da cámara Web. E, por último, o CEIP, comprométese a coordinar e implementar no centro escolar a parte didáctica, programando diferentes actividades en función das materias e do nivel educativo do alumnado.

 

 

0
0
0
s2sdefault