O prazo de inscrición para os cursos de natación da piscina municipal do Concello de Sanxenxo que comezan no mes de setembro ábrese este mes como habitualmente cos seguintes prazos:
-
Os socios e cursillistas en activo no mes de agosto teñen preferencia de praza para apuntarse dende o 1 de agosto ata o 14 de agosto.
-
Para o resto de interesados o prazo de inscrición ábrese o día 16 de agosto.
Os interesados deberán anotarse na recepción da piscina municipal en horario de atención ó público:
Luns a venres: de 7:45 a 22:45
Sábados: de 9:30 a 14:15
Domingos: de 11 a 13:45