A Concellería de medio ambiente investirá un total de 11.300€, no acondicionamento e mellora da ruta dos Carballos de Aldaríz.
Co obxectivo de poñer en valor os elementos de gran valor cultural, etnográfico e histórico que temos no noso concello, o goberno local levará a cabo esta actuación que será financiada a través dunha subvención de rehabilitación e sinalización de patrimonio da Deputación de Pontevedra.
Fai 19 anos que se creou por primeira vez a Ruta dos Carballos de Allariz. Dende ese momento ata hoxe o mantemento foi inexistente, por iso atópase sen sinalización e cos elementos totalmente deteriorados.
Esta ruta recorre as parroquias de Padriñán e de Bordóns, e conecta camiños que discorren por importantes puntos do noso patrimonio histórico, artístico e cultural. De feito, algún destes lugares figuran no inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, como é o caso do Con da Ventureira, igrexa de Bordóns e os muíños e lavadoiro de Bordóns.
Con esta actuación sinalizarase este camiño por onde discorría a antiga ruta, con postes direccionais, frechas indicadoras, paneis informativos e mesas interpretativas dos bens polos que discorre o sendeiro. Para iso instalaranse:
-
37 postes de madeira redondos indicando o camiño.
-
7 postes con frechas indicativas de dirección.
-
3 paneis informativos de 142X85 cm, que se situarán no inicio, no medio e no final da ruta. Estes paneis conterán os principais datos da ruta (esbozo, punto no que nos atopamos, descrición do camiño e reseñas dos principais elementos culturais, antropolóxicos e arquitectónicos que nos vamos a atopar ao longo da ruta).
-
3 mesas interpretativas de 100X52 cm. Cada mesa terá unha temática diferente, en función do elemento cultural ou patrimonial a destacar: O Con da Ventureira, Igrexa de San Pedro de Bordóns, e Muíños e lavadoiro de Bordóns.
As rutas peonís e de sendeirismo non se limitan exclusivamente ao litoral. No interior das 7 parroquias, hai espazos tan atractivos como esta ruta dos Carballos de 6 KM, que se inicia en Padriñán e conclúe en Bordóns. A ruta de río Fabaiños de 4,7 km dende Portonovo a Noalla e na que se está traballando para conseguir as cesións necesarias que permitan crear un amplo paseo por ese entorno natural e a ruta dos muíños en Dorrón de 4,5 Km que combina a paisaxe verde, con muíños rehabilitados y las vistas sobre la ría.
Ademais das rutas, Sanxenxo ten 6 sendeiros recoñecidos co distintivo azul de ADEAC, que suman 24.350m ao longo do litoral da ría de Pontevedra:
-
Areas – Punta Festiñanzo 1.480 m
-
Sanxenxo – Portonovo 8.610 m
-
Canelas – Punta Cabiscastro 3.450 m
-
Paxariñas – Montalvo 1.330 m
-
Montalvo – Major 6.450 m
-
Sendero mágico A Lanzada 3.030 m
SUMA 24.350 m