O concelleiro de Xuventude, Daniel Arosa, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, recibiron a un grupo de rapaces que participan no programa da Xunta de Galicia, “A Xuventude no mundo”.
Este grupo estiveron visitando diferentes lugares do noso municipio, como A Lanzada, Sanxenxo, Portonovo, etc. E foron recibidos por representantes do goberno local no Salón de Plenos. Alí puideron intercambiar opinións e impresións sobre o noso municipio e contaron vivencias e anécdotas do seu día a día en Venecia.