Concello de Sanxenxo - “O BO ESTÁ POR CHEGAR”, UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN SOCIO EDUCATIVA CHEGA AOS CENTROS DE ENSINO DO MUNICIPIO.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

Dende o CIM, dependente da Concellería de Servizos Sociais, púxose en marcha “Na procura da igualade de xénero: o bo esta por chegar, unha proposta de intervención socio-educativa”, trátase dunha iniciativa de intervención de fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para traballar dunha forma concreta adaptada a cada entidade destinataria.

Esta actividade deu comezo no Colexio abrente e recorrerá ao longo do mes de outubro, o IES Vilalonga, o IES Sanxenxo, CEIP Cruceiro, CEIP Magaláns, CEIP Noalla, CEIP Nantes e CEIP A Florida. Unha ver rematado o percorrido polos centros, pasarán a traballar co taller de memoria e as asociacións de mulleres. Esta acción porá punto e final traballando cos distintos departamentos municipais.

Este proxecto está financiado a través de convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2019 da Deputación de Pontevedra.

 

 

0
0
0
s2sdefault