Adina celebra os próximos 17, 18 e 19 de xaneiro as súas festas na honra a San Antonio e San Blas.
O venres 17, arrancaran os festexos coa celebración da festa da xuventude a partir das 21:30 horas, coa orquestra América e a disco móbil de Kyoto FM.
O sábado 18 o día comenzará con pasarrúas a cargo da Charanga Amigos a colores e o grupo de gaitas Os Gatiños.
Ás 12:00 horas terá lugar a misa solemne, seguida da procesión e tirada de fogos, con sesión vermouth. Pola noite, a gran verbena, a partir das 21.30h. estará amenizada polas orquestras Israel e Fania Blanco Show. As 23.30h. actuación de Pili Pampín.
O domingo as 12.00h. misa na honra de San Blás e ao remate, Subasta das caheiras e festa gastronómica amenizada polo Trío Rever.