Concello de Sanxenxo - RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA PARA A CONCESIÓN EXTRAORDINARIA DE TARXETAS DE EMERXENCIAS POLA ALARMA DO COVID 19
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O Concello de Sanxenxo ten habilitada unha partida económica extraordinaria para facer fronte ás necesidades básicas de alimentación e de hixiene nesta situación de alerta sanitaria provocada polo Covid 19. As medidas de urxencia tramitaranse a través do departamento de Servizos Sociais sempre e cando se cumpran os requisitos e os baremos económicos establecidos na resolución de Alcaldía (consultar aquí a Resolución de Alcaldía).
Os posibles perceptores destas axudas deberán estar empadroados no Concello de Sanxenxo, ser maiores de idade ou menor emancipados con fillos ao cargo, non ter concedidas axudas ningún membro da unidade familiar polo mesmo concepto e carecer de medios económicos para facer fronte ás necesidades de urxencia. En ningún caso, se aplicarán estas axudas extraordinarias ás persoas que xa son beneficiarias do programa municipal de emerxencia social municipal. As axudas dependendo dos membros da unidade familiar poden ir dende os 120 ata os 188 euros. Serán de carácter mensual mentras se manteña o estado de alarma.
Para a tramitación desta axuda deberán descargar na páxina web do Concello de Sanxenxo o modelo de solicitude que poderán presentar vía telemática (sede.sanxenxo.es) ou por correo electrónico (This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.) xunto a unha copia do NIF (DNI ou NIE).

ENLACE DESCARGA MODELO DE SOLICITUDE

0
0
0
s2sdefault