A Concellería de Cultura está artellando unha actividade diferente con motivo do día das Letras Galegas debido á situación de confinamento e distanciamento social aos que obriga a alerta sanitaria decretada polo Covid 19. Sanxenxo terá que renunciar este ano a gran parte das actividades previstas durante o mes de maio que se organizan baixo o paraugas do programa de dinamización lingüística Sanxenxo Fala, pero o departamento dirixido por Paz Lago proponse recoller, promover e dar a coñecer a lingua a través de expresións propias, refráns e incluso imaxes de manifestacións culturais ou artísticas.
Deste xeito, o departamento de Cultura anima á veciñanza de Sanxenxo a participar nesta actividade dende o 1 ata o 11 de maio enviando as súas frases ou imaxes ao correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou a través dun whatsapp ao móvil 639 723 588 (habilitado só para esta actividade). Coas expresións e fotos que cheguen á Concellería de Cultura elaborarase un vídeo conmemorativo con motivo das Letras Galegas que se difundirá nas redes para axudar a crear, lembrar, vivir, soñar, emocionar, festexar e sacar o mellor de cada un de nós. “O obxectivo é que non se perda un tesouro tan valioso para a nosa cultura. As expresións e refráns populares galegos son cada vez menos usadas e coñecidas sobre todo nas xeracións máis novas”, asegura a concelleira de Cultura, Paz Lago.
En canto ás outras iniciativas que se levaban a cabo en anos anteriores, algunhas como o Concurso de Maios organizado polo Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo se transformará este ano nun video recopilatorio de edicións anteriores. Manterase na programación o Concurso Picariños e búscase nova data no mes de setembro para o III Concurso de Música Tradicional Soalleira.
Cultura destaca o acerto dun programa como Sanxenxo Fala no que se recolle, promove e se da a coñecer iniciativas de distintas asociación e entidades culturais do municipio en defensa la lingua galega. “E una magoa que este ano non se poida celebrar e expoñer toda a actividade que as distintas asociación e colectivos de Sanxenxo realizan en prol da lingua galega”, apunta a concelleira Paz Lago.
CULTURA PON EN MARCHA A RECOLLIDA DE EXPRESIÓNS PROPIAS E REFRÁNS PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
powered by social2s