Concello de Sanxenxo - O MEDO PROTAGONIZARÁ OS SÁBADOS LECTORES NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O Concello retoma a actividade este sábado no Pazo de Emilia Pardo Bazán, de 11 a 13 horas

Sanxenxo retoma o vindeiro 6 de novembro os Sábados Lectores na Biblioteca de Sanxenxo no Pazo de Emilia Pardo Bazán. Unha actividade na que os nenos e nenas, nacidos entre o 2010 e o 2018, poderán deixar voar a súa imaxinación cara un lugar onde os contos os transportarán a vivir aventuras máxicas e divertidas, co medo como telón de fondo, pero tratado con humor.

O programa de animación á lectura desenvolverase dende este mes de novembro ata o mes de abril, levando os Sábados Lectores cada mes a unha das tres bibliotecas municipais, en horario de 11 a 13 horas. A actividade que arranca este sábado, 6 de novembro, divídese en dous grupos de idade. Os nacidos entre 2015 e 2018 poderán desfrutar da actividade no mes de novembro en Sanxenxo; en decembro en Portonovo e en xaneiro en Vilalonga. Os nacidos entre 2010 y 2014, desfrutarana en febreiro na biblioteca de Vilalonga; en marzo, na de Portonovo e en abril, na de Sanxenxo.

Os interesados en participar deberán chamar a calquera das tres bibliotecas para inscribirse porque o aforo estará limitado, segundo as actuais restricións pola situación sanitaria.

0
0
0
s2sdefault