Concello de Sanxenxo - SANXENXO RETOMA AS XORNADAS FORMATIVAS DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O Pazo Emilia Pardo Bazán acolle o vindeiro venres ás 20 horas unha charla coa nutricionista e dietista, Lidia Folgar

O Concello de Sanxenxo, o Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CFR) e as ANPAs retoman as xornadas formativas dirixidas a pais e nais. A primeira charla formativa deste curso levarase a cabo este venres, 19 de novembro, ás 20 horas, no Pazo Emilia Pardo Bazán e estará a cargo da dietista e nutricionista, Lidia Folgar. A inscrición realizarase chamando ao 986 727 936 de 8 a 15 horas e de 16 a 20 horas. As familias que o precisen disporán de servizo de ludoteca mentres asisten a charla.  

Esta actividade está dirixida as familias ás que lles preocupa de maneira especial a alimentación dos seus fillos e fillas e que se preguntan si o están facendo da maneira axeitada. Non sempre resulta doado atopar receitas saudables e que non provoquen o rexeitamento dos mais pequenos/as. O obxectivo desta xornada é que a través dos alimentos máis importantes para unha boa alimentación como son froitas, verduras e peixe, as familias poidan facer combinacións que conquisten o seu padal e que garanticen as achegas nutricionais axeitadas.

0
0
0
s2sdefault