Concello de Sanxenxo - COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NA CONVOCATORIA 2022 DO PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

Tras a publicación no BOE da Resolución de 16 de novembro de 2021, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo do Imserso, iníciase o prazo de presentación de solicitudes de participación neste programa, conforme aos dous prazos establecidos:
 
  • Para as quendas dos meses de febreiro a agosto de 2022, ambos inclusive: até o día 31 de decembro de 2021.
  • Para as quendas dos meses de setembro a decembro de 2022: até o día 15 de maio de 2022.
Nos apartados correspondentes da páxina web do Imserso, recóllense en detalle os requisitos de acceso, presentación de solicitudes, prazos e quendas convocadas, prezo e pago das prazas, baremo de valoración dos expedientes de solicitude, balnearios participantes, formularios e demais información complementaria de interese.
 
Máis información na web do Imserso
0
0
0
s2sdefault