Sanxenxo quenta motores de cara ás festas de Nadal con actividades solidarias, panxoliñas, contacontos, teatro, merendas e obradoiros que terán lugar entre o 12 e 19 de decembro.
A Praza Pública de Vilalonga convertirase o vindeiro domingo 12 de decembro nunha aldea navideña. A xornada dará comezo ás 11 horas cunha Andaina Solidaria de Papa Noeles dende a Alameda. A recaudación da inscrición irá destinada a Asociación Neen@s, colectivo local que axuda a nenos e nenas con necesidades educativas especiais, e os participantes poderán participar en sorteos a través do número do seu dorsal. Ás 13 horas haberá sesión vermú con pulpeiro e amenizada por Paco Vulkano. Ás 16:30 horas, o Vilalonga F.C. enfrontarase ao Umia C.F. e ás 18 horas Os Cruceiros de Vilalonga realizarán unha actuación. Non faltarán as sorpresas para os máis pequenos e unha gran chocolatada poñerá o punto dulce á xornada. Ao longo de todo o día haberá un mercadillo solidario. A actividade está organizada pola Asociación Cultural Os Cruceiros e as Mulleres Rurais A Candelaria coas que colabora o Concello de Sanxenxo. Tamén o 12 de decembro, pero ás 19 horas, no pavillón de Usos Múltiples de Portonovo celebrarase o Festival de Panxoliñas 2021 coa aAsociación Coral Polifónica Santa María de Adina de Portonovo.
O Concello retomará este ano os Obradoiros de Nadal a través do departamento de Animación Sociocultural de Sanxenxo. O prazo de inscrición ábrese o 13 de decembro ata cubrir prazas, de 11 a 13:30 horas. Os interesados deberán chamar ao teléfono 986 727 936. Os obradoiros se trasladarán o 22 e 23 de decembro a Casa de Cultura de Adina; ao Pazo de Emilia Pardo Bazán, o 27 e 28 de decembro e ao pavillón de Vilalonga, o 29 e 30 de decembro.
Os contacontos regresan á Biblioteca de Portonovo o vindeiro 18 de decembro, ás 11 horas, con “Que Nadal de contos”. Os interesados en acudir deberán inscribirse previamente no 986 691 149. Tamén o 18 de decembro, a Comisión de Festas de Dorrón organiza unha merendola de Nadal no campo de festas A Bouza a partir das 20 horas.
O 19 de de decembro, o club de Xubilados de Portonovo a través do seu grupo de teatro Maruxía se subirá ao escenario para representar “A familia sempre unida” no pavillón de usos múltiples de Portonovo, ás 19 horas.