Concello de Sanxenxo - HISTORIAS E VISTAS DO CUBREIRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

Os días 11 e 12 de decembro a asociación O Cubreiro celebra na sala Nauta de Sanxenxo a exposición “Historias e vistas do Cubreiro”. A citada exposición constará de fotos e dun obradoiro creativo que se fará o sábado día 11 as 16:30. Como hai prazas limitadas fai falla inscribirse neste obradoiro no email da asociación: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

O horario desta exposición será de 12:00 a 13:30 e 16:30 a 19:30

Esta exposición faise para que a xente que xa conta cunha idade rememore cómo era a pedra antes de que puxeran a Madama enriba, e para que a poboación de Sanxenxo con menos idade sepa que antes da colocación da citada escultura existía a rocha na que seus páis, abós, tíos… teñen anécdotas e a suas lembranzas pegadas a pedra como as lapas, mexillons das que inda abundan alí.

Dende a asociación O Cubreiro queren reseñar que non están de ninguna maneira encontra a Madama, esta exposición simplemente é un exercicio histórico e para poñer en valor a rocha onde se sustenta.

Durante xeracións algo habitual era que dende esta pedra emulando os cormoráns, a xente lanzárase do Cubreiro a auga de bomba, facendo o anxo como si de un trampolín olímpico se tratase ou según a forma de tirarse cada un algúns imitaran a Tarzán e outros a Chita.

Na exposición pódese atopar máis información sobre a pedra, a orixe do seu nome, así como anécdotas e lembranzas recollidas polos membros da asociación.

0
0
0
s2sdefault