Concello de Sanxenxo - SANXENXO VIVIRÁ UN NADAL DIFERENTE CUNHA INTENSA AXENDA DE ACTIVIDADES LÚDICAS E FESTIVAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

 

A Concellería de Cultura e Educación achegará o programa, do que se imprimirán 3.000 exemplares, aos centros educativos do municipio

A concelleira de Cultura e Educación, Paz Lago, presentou esta mañá o programa de actividades de Sanxenxo para este Nadal nun dos recunchos navideños máis transitados, o libro dorado da Praza dos Barcos. Tras o encendido de luces o pasado 1 de decembro e actividades pre- Nadal organizadas por asociacións en distintos puntos do municipio, en colaboración do Concello, Lago presentou os contidos lúdicos previstos estas vacacións pensados para todas as idades.“Este ano queriamos que fose diferente e as asociacións máis que nunca se involucraron e quixeron poñer o seu gran de área.Trátase dun programa feito con moita ilusión e pensando en todos os membros da familia”, asegurou.

As actividades programadas arranca o 22 de decembro cos obradoiros de Nadal na casa de cultura de Adina, aos que seguirán os do Pazo Emilia Pardo Bazán e o pavillón de Vilalonga. As prazas estarán limitadas e os interesados deberán chamara ao teléfono 986 727 936. O prato forte do programa no mes de  decembro chegará co Papa Noel. Portonovo, concretamente a Casa de Don Fernando, convertirase en Portonorte. Entre as 16:30 e 19 horas os nenos e nenas poderán visitar a Papa Noel nestas instalacións municipais. Non falatará neste día a tradicional Papanoelada Solidaria en Bici, organizada polo Club Corbelo, ás 16:30 horas.

O 25 de decembro, na igrexa de Noalla,  a partir das 12 horas, a Asociacón Cultural da Comisión de Festas Virxe do Carme de Noalla organizará en colaboración con outros colectivos da parroquia o tradicional Belén Vivinte. Ás 13 horas organizarase na Escola de Educación Infantil de Aios organizada pola Asociación Xuvenil Os Raposos de Aios.

O domingo 26 de decembro, a explanada portuaria de Portonovo, acollerá baixo unha carpa o espectáculo “Un conto de Nadal” en dúas sesións, de 17 e 20 horas. A entrada terá un custe de 10 euros. Polo escenario, invitados pola Oca Band pasarán seis importantes artistas da orquestra galega.

O 27, 28 29 de decembro, o pavillón de Baltar convertirase en Nadal Aventura, un parque pensado para rapaces de máis de 12 anosHaberárocódromos, arena nerf, toro mecánico… O horario será de 19 a 22 horas.

O Pazo de Emilia Pardo Bazán acollerá o vindeiro 29 de decembro a obra “Rosalía” do ciclo “Teatro Nadal en Rede da SecretaríXeral de Política LingüísticaÁs 19 horas, o Apalpador visitará Sanxenxo.

Sanxenxo despedirá o ano, o 31 de decembrocunhaxornada chea de actividade que dará comezoás 12 horas, co tradicional Fin de Ano adiantadonaPraza Pascual Veiga organizada pola Asociación O Cubreio e o Concello de Sanxenxo en colaboración con locaiscomerciaisPor primeira vez, a Praia de Silgar acollerá un Chapuzón por unha ilusión a favor do colectivo Aladina, a partir das 16:30 horas, e un donativo de 5 euros. A gran novidade da xornada chegará pola noitiña, cos fogos de artificio, ás 20 horas, dende o porto deportivo Juan Carlos I.

O 2 de xaneiro, o Pazo de Emilia Pardo Bazán, acollerá Circo de Nadal, un espectáculo da compañía La Fiesta Escénica, en dúas sesións, ás 17 e 19 horas. O prezo da entrada será de 6 euros.

Os máis pequenos de entre 3 e 12 anos poderán disfrutar, os días 3 e 4 de xaneiro, entre ás 16 e 20 horas, de Sanxenxolandia, con arena nerf, plastichef, granza e arranxa e bloques XXL no pavillón de Baltar. O Trasno Fantástico visitará aos participantes e fará algunha trasnada.

O 5 de xaneiro terá lugar a recepción dos Reis Magos, entre ás 16:30 e ás 20 horas, na Sala Nauta, no porto deportivo. Pola mañá, ás 11 horas, o Tren Mago percorrerá as distintas parroquias anunciando a recepción real.  O 6 de xaneiro, ás 19:30 horas, a Banda de Música Municipal de Sanxenxo ofrecerá o tradicional concerto de Reis no Pazo Emilia Pardo Bazán.

A Concellería de Cultura e Educación achegará o programa de Nadal, do que se imprimirán 3.000 exemplares, aos centros educativos do municipioantes de que remate o curso.

0
0
0
s2sdefault