Concello de Sanxenxo - O IES DE VILALONGA CELEBRARÁ O IX FORO DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA NA FP DE AUTOMOCIÓN O 19 E 20 DE MAIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

 

Tras dous anos de parón pola pandemia, o IES de Vilalonga volverá a celebrar os vindeiros 19 e 20 de maio o IX Foro de Innovación Tecnolóxica de Automoción centrado, nesta ocasión, na electrificación e no hidróxeno da man do módulo de automoción do centro educativo. Profesionais do sector de distintos puntos de España e centros educativos de Galicia daranse cita nesta actividade na que se afondará nas últimas novidades do sector.

O foro comezará o día 19, ás 17 horas, cun bloque práctico de diversos talleres: Detailing impartido por Borja Búa, de Estética del Auto Búa de Vilagarcía; de Diagnosis sobre o Vehículo con Jose Álvarez de Formauto, Málaga; Vehículos eléctricos con David Alonso de Dim Formación de Santiago e Simulador de Soldadura Virtual con Jorge Carrasco de Seabery, Huelva. Esta parte práctica impartirase nas instalacións do instituto.

O venres 20 a xornada dará comezo as 9:15 dará comezo o bloque teórico no Auditorio de Emilia Pardo Bazán coa ponencia de José Luis Mira Lema, “A nova FP do futuro”. A inauguración do foro realizarase ás 9:45 horas coa presencia de autoridades que dará paso á ponencia Luike “El eléctrico 2.0” de Álvaro Sauras. A continuación, o enxeñeiro de PowerArt, Guillermo Alfonsín, falará de “Híbridos. Una solución compleja”.

A mañá contará coa presentación de proxectos de innovación na FP de Automoción de Galicia na que se poderá ver un coche de hidrógeno (IES Lois Peña de Vilalba), Adaptación do motor de combustión a hidróxeno (CIFP Ferrolterra), Maquinaria de motor seccionado e funcional (CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo), aeronave eléctrica (CIFP As Mercedes de Lugo), Avatar Aula Virtual (CIFP Coroso), Furgolonga (CIFP Coroso, IES Vilalonga e IES Bouza Brey), kart eléctrico (CIFP Someso), coche eléctrico (CIFP A Xunqueira) e Aquamóbil (IES Montecelo). A continuación, o foro acollerá unha mesa redonda sobre “A electromobilidade na FP de Auto” con María Mercedes Argibay como moderadora.

0
0
0
s2sdefault