O Concello, o Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CFR) e as ANPAs retoman as xornadas formativas dirixidas ás familias. A dietista e nutricionista Lidia Folgar será a encargada de dar a charla informativa “Xestando unha boa relación coa comida” que se levará a cabo o venres, 27 de maio, ás 20:30 horas no Pazo de Emilia Pardo Bazán.
A inscrición realizarase chamando ao 986 727 936 de 8 a 15 horase e de 16 a 20 horas. As familias que o precisen disporán de servizo de ludoteca para poder deixar aos seus fillos/as mentres asisten a charla.
Esta actividade está dirixida a aquelas familias as que lles preocupa de maneira especial a alimentación dos seus fillos e que se preguntan se o están facendo da maneira axeitada. Non sempre resulta doado encontrar receitas saudables e que non provoquen o rexeitamento dos máis pequenos.
Con esta xornada o que se pretende é que a través dos alimentos máis importantes para unha boa alimentación como son froitas, verduras e peixe se poidan facer combinacións que gusten e ofrezcan as achegas nutricionais axeitadas.