Concello de Sanxenxo - PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE NENOS/AS ADMITIDOS/AS, NON ADMITIDOS/AS E DE AGARDA NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

Hai lista de espera nas aulas de 1-2 tanto da EIM O Revel (5 nenos/as) como da EIM O Tombo (9 nenos/as). Quedan prazas nos grupos 0-1 e 2-3 das dúas escolas.

A partir de agora únicamente se poderán presentar solicitudes nos seguintes casos:

  • Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
  • Cambio de residencia da unidade familiar ao Concello.
  • Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.

Os admitivos deberán formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño (ambos inclusive). Presentarase preferiblemente na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal) no enlace procesamento electrónico. Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente poderase presentar presencialmente no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo (Casa do Concello, rúa Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) mediante formulario normalizado dispoñible na páxina web do concello e nas propias escolas.

Para a matriculación será imprescindible o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación.

Gracias ao sistema de cofinanciamento entre o Concello de Sanxenxo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para o próximo curso a atención educativa será gratuíta para as familias independentemente da súa renda. O servizo de comedor será cofinanciado polo Concello de Sanxenxo en función da renda dos usuarios.

As vacantes que se produzan ó longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os/as nenos/as que formen parte da listaxe de agarda.

 

0
0
0
s2sdefault