Concello de Sanxenxo - A FEIRA “FEITOAMAN SANXENXO” CONTARÁ CON CREACIÓNS DUN TOTAL DE 40 OBRADOIROS DE ARTESÁNS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

 

 

Creacións de 40 obradoiros de artesáns galegos e de fóra da comunidade daranse cita na nova feira de artesanía de Portonovo “Feitoaman Sanxenxo”, unha nova cita coa que se busca potenciar a calidade dos produtos e ofertar algo diferente ao visitante sen que supoña unha competencia para os comercios locais. A feira estará aberta de luns a venres de 18 a 1 da madrugada e as fins de semana e vísperas de festivo, tamén pola mañá, de 12 a 14 horas.

Os expositores contarán con elementos de xoiería, pratería, tornería de madeira, artigos de coiro, roupa, complementos, bisutería, calzado, cerámica, vidro... Produtos de alta calidade e con selo artesán.

A Asociación Galega de Artesáns foi o colectivo que resultou seleccionado no concurso convocado para a organización da cita. A asociación conta cunha ampla experiencia na organización de citas deste tipo como a Mostrart da Coruña ou a Feitoaman de Vigo. Fundouse no ano 1983 como asociación profesional, co obxectivo de promover e defender todas as actividades artesanais e mellorar as condicións de traballo dos oficios.

Demostracións e talleres

Ao longo do mes e medio de duración da feira, a organización ten previsto a realización de demostracións e talleres con distintos materiais como madeira, e coiro, entre outros elementos que se atoparán na feira. A idea é achegar a forma de traballo artesanal aos visitantes que se acheguen ao Paseo de Baltar onde se ubicarán os stands da feira.

0
0
0
s2sdefault