— A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación, xunto o alcalde e Sanxenxo, Telmo Martín, a concelleira de Cultura, Paz Lago, e a directora de Dotbeat, Patricia Hermida
— Os Concertos do Xacobeo deron comezo en maio e foron sumando novas incorporacións ata acadar xa máis de 500 artistas en máis de 70 localidades galegas
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a concelleira de Cultura Paz Lago, e a directora de Dotbeat, Patricia Hermida, presentaron hoxe o concerto de Cepeda que terá lugar Sanxenxo o vindeiro sábado 3 de setembro, e que contará como artista convidada a Antía Muiño.
Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, este concerto é unha mostra clara da gran variedade de espectáculos cos que contando Galicia neste Ano Xacobeo tan especial. Dende a Xunta de Galicia tiñamos moi claro que un dos nosos eixes de actuación deste Xacobeo sería o de achegar a cultura á xente, indicou Nava Castro. “Así, propuxémonos diseminar os diferentes espectáculos culturais, artísticos e deportivos aos diferentes territorios, permitindo de esta maneira que todos os lugares de Galicia puideran empaparse desta celebración tan esperada”, reiterou.
Nava Castro rematou afirmando que “grazas ao éxito de turistas e peregrinos que estamos a acadar na actualidade, con máis de 280.000 Compostelas seladas no que vai de ano, temos claro que este Xacobeo é unha oportunidade única para Galicia, para facer visible o que temos que aportar a España e ao excelencia como eixe da programación das actividades”.
Os Concertos do Xacobeo é unha iniciativa da Xunta dentro das actividades do Xacobeo, que entre os meses de maio e novembro deste ano, mantén unha programación de música en vivo con máis de 100 acontecementos por toda Galicia. Neste programa de concertos participan máis de 500 bandas e artistas nacionais e internacionais de todos os estilos, para todas as idades e para todos os gustos.