Exposicións, showcookings, música e concursos de cociña completarán a oferta gastronómica da cita
A Festa da Empanada Mariñeira consolídase no calendario festivo de Portonovo coa celebración esta fin de semana da súa cuarta edición. A cita organizada polo Club de Piragüismo de e a Confraría de Portonovo presentouse esta mañá na lonxa onde se desenvolverá a degustación. Ata 18 empanadas de diferentes produtos do mar con distintivos de calidade e variados viños da denominación Rías Baixas centrarán a oferta gastronómica. A programación completarase con música, exposicións, concursos e showcookings ao longo do sábado e domingo.
O alcalde, Telmo Martín, invitou a vir a Portonovo a degustar empanadas este fin de semana para “axudar a un clube que aposta por unha iniciativa gastronómica de calidade e moi vinculada a vila mariñeira”. Pola súa banda, o presidente do Club de Piraguismo de Portonovo, Alberto Rodríguez, destacou que se introducen dous produtos novos nesta edición como son o peixe porco ou peixe ballesta e merluza do Celeiro. “Ademais da degustación hai unha programación chea de actividades pensadas para todas as idades”, explicó. Na presentación tamén estivo o patrón maior, Juan Jose Besada, e a concelleira de Cultura e Educación, Paz Lago. “Temos que apoiar este tipo de iniciativas dun club local que ademais aposta polos produtos do mar para facer esta festa”, aseguró Besada.
A apertura de stands realizarase o sábado ás 13 horas. O recinto da lonxa contará ademais con tres exposicións: de fotografía mariñeira, de maquetistas de barcos e unha pequena guía de embarcacións tradicionais de Culturmar. Ademais, realizarase unh showcooking sobre “A Empanada na Dieta Atlántica” e outro sobre a empanada mariñeira con selo de PescadeRías. Ás 19:30 horas, subirase ao escenario Raúl & Cía para realizar unha actuación musical.
O domingo a apertura dos stands realizarase ás 12 horas. Nesta xornada, farase ao mediodía unha demostración da maridaxe entre a empanada mariñeira e os viños galegos e unha actuación musical. Pola tarde, a partir das 17 horas, celebrarase o Obradoiro-Concurso familiar “Pequeempanada” realizado por Rocío Garrido para nenos de 5 a 12 anos acompañados dun adulto. A partir das 18 horas celebrarase o IV Concurso da Empanada Mariñeira co obxectivo de poñer en valor o produto gastronómico PescadeRías. A inscrición é gratuita e haberá premios para os tres primeiros clasificados. Ás 19:30 horas celebrarase a Xuntanza da Canción Mariñeira e ás 21.30 realizarase o peche das instalacións.
Prezos populares
Os asistentes poderán degustar ata 18 tipos diferentes de empanadas e con produtos das tres provincias galegas costeiras: de algas de Cangas, de Anguía de Arcade, de Berberechos de Carril, de Bonito de Burela, de Choco de Redondela, de Congrio de Portonovo, de Merluza do Pincho de Celeiro, de Mexillón de Galicia, de Navalla da Ría de Pontevedra, de Peixe Espada de A Guarda, de Peixe Porco de Portonovo, de Polbo de Bueu, de Produtos do Mar de Muros, de Raia de Portonovo, de Vieiras de Redondela, de Xarda de Portonovo e de Zamburiñas de Cambados. O obxectivo é superar as 1.500 racións de empanadas de edicións anteriores. Os prezos oscilarán entre os 3 e os 8 euros.