Concello de Sanxenxo - O CEIP PORTONOVO REALIZA UNHA ANDAINA “CAMIÑO AO RESPECTO” ATA O PARQUE DE PUNTA VICAÑO CON MOTIVO DO 25-N
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

 

O alcalde, o edil de Servizos Sociais e a concelleira de Educación saudaron ao alumnado e profesorado do centro educativo

Case 300 alumnos do CEIP de Portonovo chegaron esta mañá ao Parque de Punta Vicaño nunha andaina, “Camiño ao respecto”, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha actividade na que se implicou a todo o alumnado e profesorado do centro educativo. O alcalde, Telmo Martín, acompañado do edil de Servizos Sociais, Daniel Arosa, e a concelleira de Educación, Paz Lago, reuníronse co alumnado e profesorado no parque onde dous alumnos do centro leron un manifesto de condena da violencia machista e a favor da liberdade e igualdade de sexos.O acto tamén conlevou a colocación de lazos con mensaxes como abrazos, respecto ou igualdade ao longo de todo o vallado de entrada ao parque de Punta Vicaño, así como a colocación de globos morados na porta. O alcalde alabou a iniciativa do centro e destacou o “compromiso do alumnado e profesorado”. Tras a lectura do manifesto retomaron o camiño de volta ao colexio onde estaba previsto a celebración dun magosto.

0
0
0
s2sdefault