Concello de Sanxenxo - SANXENXO DARÁ UNHA CHARLA SOBRE COMPOSTAXE NA OFICINA DE MEDIO AMBIENTE EN VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O Concello de Sanxenxo comezará a formación dos participantes no programa de compostaxe individual cunha charla que terá lugar este mércores 30 de novembro na oficina municipal de Medio Ambiente, en Vilalonga, ás 19:00 horas.

A charla está destinada principalmente as persoas participantes no programa, pero tamén estarán abertas ao público xeral interesado na compostaxe.Na formación abordarase o proceso da compostaxe, os materiais que se poden botar no composteiro, a montaxe e manexo dos mesmos, e os beneficios ambientais, así como a importancia da separación en orixe dos residuos domésticos e a reciclaxe dos mesmos. Ao remate farase o reparto de composteiros entre as persoas que fixeron a solicitude previamente na oficina de Medio Ambiente e foron seleccionadas atendendo a varios parámetros como tipoloxía de vivenda, número de persoas, entre outros.

Os composteiros que se repartirán foron cedidos por Sogama. Os  beneficiarios recibirán unha visitas durante o primeiro ano para comprobar o correcto funcionamento.Trátase dunha iniciativa con importantes beneficios ambientais, económicos e sociais, que, ademais, recupera unha práctica tradicional no rural galego como é a separación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, pero dunha forma máis eficiente, cómoda e hixiénica grazas á axuda do composteiro.En termos xerais, o abono obtido cumpre con todos os requisitos de calidade esixidos pola normativa vixente, podendo ser aplicado ao solo con absolutas garantías e sen restricións, propiciando unha nova vida (flores, plantas, alimentos, etc).

En Galicia cada persoaxeraunha media de 1,12 Kg de lixoao día, dos que 469 gramos son biorresiduos compostablesCada composteiro individual repartido en Sanxenxo daralle de media servizo a 3,3 persoas diariamente e a 2,2 de xeito ocasional, tratando un total de 642 Kg de biorresiduos ao ano, para transformalos nun abono de excelente calidade. Grazas aos 64 composteiros individuais que se repartirán nesta quenda evitárase que se boten no lixo máis de 40 toneladas de biorresiduos cada ano. Ademais, un 80% dos veciños participantes contan con restos de poda na súa horta, que utilizarán como material estruturante, evitando queimas innecesarias. Outra das vantaxes é que ao tratar correctamente os biorresiduos, facilítase unha boa separación dos demais residuos reciclables.

O Concello de Sanxenxo continuará impulsando a compostaxe individual e as veciñas e veciños poden solicitar composteiros.Máis información sobre compostaxe e solicitudes de composteiros na Oficina de Medio Ambiente, chamando ao 986744909 ou no correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

0
0
0
s2sdefault