Concello de Sanxenxo - SANXENXO XA TEN AS SÚAS MULLERES INSPIRADORAS QUE SERÁN HOMENAXEADAS O 8-M
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

 

O Concello de Sanxenxo centrará a celebración do Día Internacional da Muller en dar a coñecer a mulleres de distintas parroquias do municipio, promotoras, impulsoras e inspiradoras en distintos ámbitos. Mulleres que destacan por rachar estereotipos, servir de exemplo coa súa labor e destacar de forma sobresaíante nas súas accións.

Por todo o anterior, as mulleres inspiradoras deste presente ano do Concello de Sanxenxo son:

RITA VÁZQUEZ VÁZQUEZ

Foi das primeiras bateeiras de Sanxenxo e recentemente recoñecida por parte da Asociación Mulleres Salgadas. Adicou a súa vida ao cultivo do mexillón, un traballo que require dende logo dun grande esforzo físico.

Curtida no mar, e realizando as mesmas tarefas que os homes, conseguiu facerse respectar nun mundo no que predominaba entón o sexo masculino, e abrir un camiño que moitas outras seguiron despois, como a súa filla Inés Patiño Vázquez, que segue esta traxectoria herdada da súa nai.

MARI AGÍS OTERO

Presidenta da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón, promotora e impulsora do mantemento do folckore e tradicións de Galicia.

Na actualidade é a Asociación con máis asociados a nivel municipal. Organizan certames de música galega, muiñadas populares, e foron gañadores de múltiples premios  en categorías de canto e percusión tradicional e  en concursos de música tradicional. Mari é profesora no CEIP A Florida, compaxinando esa labor, coa súa aficción pola musica e baile tradicionais galegos, servindo de inspiración a moitas crianzas das distintas parroquias do Concello, establecendo a asociación Soalleira, como punto de referente en prol do impulso a nosas raíces culturais, as nosas tradición e polo mantemento das costumes e polo folckore galego.

ANA CANCELA MURAS

 

Estuda Psicoloxía na Universidade de Santiago (1976-1981) e prosigue a súa formación artística na Escola de Arte do pintor Miguel Mantilla. Desde 1993 a 1995 imparte os primeiros cursos de pintura e debuxo patrocinados polo Concello de Sanxenxo, sendo a iniciadora da actual Escola Municipal de Arte.No ano 2009 inicia os seus estudos de Belas Artes en Pontevedra con 52 anos. Desde o ano 2010 é a directora do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (Foro Galicia Milenio), asociación que nace co obxectivo de promover e catalogar neste municipio a súa etnografía, patrimonio, historia e tradicións populares. 

Participa de forma activa no asociacionismo feminino no Concello, foi voluntaria no programa educativo do “Taller de memoria municipal “ e autora do libro “Mulleres entre redes

ZOE REY

 

Directora creativa e fundadora da firma de moda “Ara de Rey”. Zoe foi a promotora desta firma de moda española que se atopa entre as máis prometedoras e converténdose nunha das marcas artesás mais destacables no panorama actual.

Revistas internacionais como “ELLE” mostraron o seu interese pola marca e por Zoe e actualmente viste a numerosas figuras femininas referentes a nivel mundial. 

SARA DURÁN PIÑEIRO

 

Piragüista do Clube de Piragüismo de Portonovo, foi seleccionada para participar no Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo que se celebrará en Pitesti (Romanía), así como en campionatos galegos e de ámbito nacional nos que destaca como unha promesa do mundo da piragua.

MARÍA TORRES DURÁN

 

Doutora en Medicina, neumóloga no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e no Grupo de Investigación NeumoVigo I+i. Ademais é Profesora Asociada de Ciencias da Saúde na Universidade de Vigo. Responsable de la consulta de DAAT ( Déficit de Alfa-1 Antitripsina (DAAT) é a enfermidade conxénita potencialmente mortal máis frecuente na idade adulta, caracterizada por baixos niveis da proteína en suero)  e coordinadora do Centro de Excelencia.

Participa en varios proxectos de investigación multicéntricos, sendo as súas principais liñas de investigación o DAAT e a epidemioloxía do cancro de pulmón. É autora de publicacións en revistas nacionais e internacionais e presentación en múltiples congresos. Participa en actividades docentes dirixidas a profesionais sanitarios e a pacientes con DAAT.

 

EVA GONZALEZ KÖLMEL

 

Eva González Kölmel é na actualidade residente de Medicina no Complexo Clínico Hospitalario de Santiago de Compostela. Eva obtivo o número 2 nas probas de acceso ao sistema de formación RFIR (Radiofísico Interno Residente).

O RFIR é a proba que selecciona residentes para a especialidade sanitaria que se ocupa da medición e valoración da radiación para contribuír á correcta planificación, aplicación e investigación das técnicas radiolóxicas que a física pon a disposición da medicina. A participación dos radiofísicos hospitalarios no ámbito sanitario está cada vez máis estendida a medida que os equipamentos e fontes de radiación se multiplican e se fan máis complexos, ata o punto de que na actualidade é necesaria unha formación regrada de postgrao para estes profesionais. A presenza destes profesionais é moi relevante para controlar procesos terapéuticos como a radioterapia ou os diagnósticos mediante probas que inclúan algún tipo de radiación. Eva González conseguiu la segunda puntuación más destacada de toda España 

CARMEN NÁZARA BESADA

 

Foi a  única moza dos 61 gardamariñas da súa promoción a bordo do Juan Sebastián de Elcano e, ademais, unha das poucas mulleres de carreira militar de Sanxenxo.

Carmen Názara Besada é unha das poucas mulleres Oficial da Armada española, e foi a única muller que xunto con 86 novos alumnos que se incorporaron a Escola Naval de Marín na súa promoción. Na actualidade é alférez de navío da armada española.

PATRICIA AGUÍN CARBALLA

 

Florista gañadora do concurso “Mejor Artesano Florista 2022”, un concurso nacional impulsado por Interflora que se celebrou sábado 1 de outubro de 2022 en Toledo.

A gañadora representaba a Galicia desde o seu taller, “Florearte”, e demostrou o seu talento tanto de forma individual como de traballo en equipo. Foi gañadora de 10 semifinalistas que se disputaban o título.

Con estas mulleres, realizarase un reportaxe audiovisual en forma de auto entrevista,  que será proxectado uns días antes do Dia da muller para dar a coñecer a súa labor, a súa traxectoria de vida e as súas metas. Ademais, todas elas colaborarán la elaboración dun eslogan promocional do concello en prol da igualdade, do empoderamento femenino e en contra a violencia de xénero, gravado en lugares emblemáticos do municipio e que perdurará coma un produto non perecedeiro e unha mostra do papel da muller e contra todo tipo de violencias machistas.

Este vídeo promocional será presentado o día 8 de marzo, no Pazo Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo, a partir das 20 horas coa presenza das protagonistas, ás que se lles fará un recoñecemento público e agradecemento pola súa colaboración neste proxecto.

0
0
0
s2sdefault